17 de octubre de 2007

Novos aires

Este novo curso comezo con moitas máis cousas das que pensaba, asi que, claro teño o blog abandoado. Poida que alá por Xuño esté axfisiada con tantos proxectos, pero alomenos pintan ben, o malo é que teño que facer varias matrículas ó tempo, equiparme para o meu novo traballo e arranxar problemas de transporte que non é pouco.

1 de octubre de 2007

San Miguel

En Marín segue sendo tradición a danza de espadas polo San Miguel, e dicir o 29 de setembro, e este ano foi o primeiro que vestín como manda a tradición, porque meus sobriños invitáronme a ir con eles, e que ven o pasei. A os dous gústalles un mundo ir a cosas novas i eu disfruteino porque a musiquiña propia desta festa é inconfundible e traéme moi bos recordos doutros veráns. Nisto teño que darlle as grazas á miña nai que nos preparou as saias, os traxes dos rapaces e as bandas. Levabamos tamén uns panos no pescozo, pero seica son do San Fermin. As fotos fíxoas miña nai e o mellor reportaxe deste familiar evento téndelo no blog de Iago.