24 de septiembre de 2007

Pois chegoume un correo do FLANC cos cursos de outubro, e deume morriña por non poder asistir, primeiro porque está moi lexos e segundo porque xa non teño colexio que me pague a matrícula. Son convencións que se fan por estados, nas que a maioría dos conferenciantes son mestres en activo que comparten todo aquilo que lles funciona na aula. Tamén teño un grato recordo das xornadas do NCCAT, como non! Foron diseñadas para que os mestres do estado de Carolina do Norte tiveran uns días para descansar, estudiar o facer algún proxecto que as rutinas diarias non deixan, o mesmo buscar inspiración en áreas novas. E todo a cargo desta asociación que cre que os mestres son tesouros que se deben coidar mellor.
A morríña é máis xa que por falta de previsión non fixen ningún curso de verán estas vacacións. Houbéseme gustado ir ó Educaparty en Santander, pero parecían boas datas para facer algunha boa salida co marido e cando volvín acordar xa estaban coas listas de espera. A lo menos o curso comeza xa, e pronto estaré liada coas practicas, a EOI, e as opos, que non é pouco. Se dou con cursos interesantes (e baratos) pola interrede adiante xa vos contarei.

1 comentario:

Vane dijo...

Eso Cris, mantennos informados sobre los cursos, que te estaremos muuuuuuuuuuy agradecid@s! Saludos!