24 de septiembre de 2007

Pois chegoume un correo do FLANC cos cursos de outubro, e deume morriña por non poder asistir, primeiro porque está moi lexos e segundo porque xa non teño colexio que me pague a matrícula. Son convencións que se fan por estados, nas que a maioría dos conferenciantes son mestres en activo que comparten todo aquilo que lles funciona na aula. Tamén teño un grato recordo das xornadas do NCCAT, como non! Foron diseñadas para que os mestres do estado de Carolina do Norte tiveran uns días para descansar, estudiar o facer algún proxecto que as rutinas diarias non deixan, o mesmo buscar inspiración en áreas novas. E todo a cargo desta asociación que cre que os mestres son tesouros que se deben coidar mellor.
A morríña é máis xa que por falta de previsión non fixen ningún curso de verán estas vacacións. Houbéseme gustado ir ó Educaparty en Santander, pero parecían boas datas para facer algunha boa salida co marido e cando volvín acordar xa estaban coas listas de espera. A lo menos o curso comeza xa, e pronto estaré liada coas practicas, a EOI, e as opos, que non é pouco. Se dou con cursos interesantes (e baratos) pola interrede adiante xa vos contarei.

7 de septiembre de 2007

Explosion of creativity

Moitos son os blogs de creadores, ilustradores e diseñadores que estiven a visitar este verán (A maioría en inglés e algúns deles bilingües). Teñen uns blogs moi eclécticos cheos de ideas sobre arte, e manualidades en xeral. Están en inglés e visítoos porque é incrible o que fai a xente con un pouco de imaxinación e moito xenio e habilidade. Isnpírame e sempre saco algunha boa idea para a casa, para facer algún regaliño, ou mesmo para o escaparate dos meus pais.

Gennine fai uns debuxos fantásticos e visítoa case todos os días. Se tendes tempo botarlle un ollo ás fotos das casas nas que viveu estes últimos meses. Se estades coma min con ganas de cambiar a casa, por iso do comezo do curso, recoméndovos visitar Apartment Therapy ou Ikea Hacker. Por algunha razón non podo deixar de mirar as novidades. Estas páxinas teñen seccións sobre novas tecnoloxías e aforro enerxético e "everything green at home" e as veces teñen ideas do máis inxeniosas para facer a nosa vida maís fácil con poucos euros. So hai que ver isto.

6 de septiembre de 2007

Estou de volta tras unhas grandes vacacións, e a miña meta desta vez é incluír neste novo blog unha chea de enlaces que xa botan por fora do meu menú de favoritos e así poder compartilos. Levará algún tempo xa que os quero ter ordenadiños aquí a esquerda e coas etiquetas de que dispón este novo blog. E os temas serán moitos, educacion e idiomas, novas tecnoloxías, arte, ilustración, e decoración que encheu boa parte do meu verán, e como non, os meus blogs favoritos.