12 de noviembre de 2007

Britkid


Este enlace que me enviaron da universidade ten moita desa información e datos que un coñece a medias sobre moitos temas que teñen que ver co racismo e coa integración dos que se moven polo mundo. Esta é a version española, e se seguides curioseando veredes outras.

Parece que o que normalmente se ten que integrar a unha sociedade é aquel que pertence a unha minoría, pero ten gracia, isto só depende de onde un acaba facendo a súa vida. Estaría ben que nos demos conta de que é unha labor de todos non levantar barreiras para que o contacto entre culturas transcorra con naturalidade. E que isto ocorre continuamente, so hai que saber disfrutalo, a cultura enriquece.
Moito aprendín dos meus alumnos de español para hispanohablantes alá nas Américas (na foto), que se tiñan que adaptar acultura afroamericana maioritaria. Moi diferentes son os estudantes cos que traballo neste momento, teñen a sorte de compartir aula con estudiantes de intercambio de Palestina, Alemania, Colombia, México ou Vietnam e isto crea un ambiente curioso no centro co que estou moi contenta. Seguirei contando.

2 comentarios:

abueloscrisytoño dijo...

Cris, muy interesante todo lo que dices !esta es mi chica!

paideleo dijo...

Esperamos que sigas contando.